Caballero asegura que Sánchez acadará "o mellor acordo" de cara a unha investidura
Publicado o 24/11/2019 18:16
Sobre as negociacions que están a levar a cabo os socialistas de cara a unha posible investidura e sobre as esixencias de ERC pronunciouse este domingo o secretario xeral do PSdeG.
Gonzalo Caballero asegurou que Pedro Sánchez ten a "responsabilidade e a sensatez" para sacar adiante "o mellor acordo" posible, e engadiu que "o PSOE é un partido constitucionalista con vontade de diálogo".