Gonzalo Caballero arroupa os 18 galegos que sentarán no Congreso e no Senado
No día de constitución das Cortes, o líder dos socialistas galegos viaxou ata Madrid. Alí arroupou os 18 galegos que sentarán no Congreso e no Senado.
Gonzalo Caballero acudiu esta mañá a Madrid arroupar os 18 socialistas galegos que ocuparán lugar nas Cortes. Dixo que defenderán os intereses de Galicia nunha lexislatura, asegurou, da esquerda e da pluralidade social.
Horas antes estivo en Salvaterra acompañado pola candidata do PSOE á alcaldía, Rocío Bernández. Gonzalo Caballero dixo que é a alternativa para darlle un novo pulo a este concello.
Rocío Bernárdez tamén se referiu á condición deste concello de zona transfronteriza. Dixo que hai que defender a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como espazo, asegurou, de "convivencia e cooperación" entre as institucións e a sociedade.