CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero aposta por potenciar "unha axenda conxunta" con Asturias

Publicado o 08/07/2021 21:53

Gonzalo Caballero aposta por potenciar unha "axenda conxunta" con Asturias. Foi tras reunirse co presidente do Principado, que tamén é socialista. Para o secretario xeral do PSdeG Galicia ten que "aproveitar ese espello asturiano", dixo, de compromiso cos servizos públicos para avanzar en termos de progreso e benestar. Caballero considera que hai que traballar por unha axenda conxunta de solucións aos problemas que comparten Galicia e máis Asturias.

"Os socialistas galegos sabemos que a xestión do Goberno socialista de Asturias é un espello do que queremos aprender e do que queremos tomar medidas para poder impulsar en Galicia unha axenda de progreso e de benestar. Este é un goberno autonómico que afronta problemas moi similares ao que afronta Galicia e faino cun claro compoñente progresista e socialista", di Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

 

 

Noticias web

08/07/2021