Gonzalo Caballero apoiará a súa campaña nos alcaldes socialistas, "exemplo de boa xestión"
Publicado o 15/06/2020 14:54
Gonzalo Caballero vai apoiar a súa campaña nos alcaldes socialistas das cidades galegas. Na súa visita ao concello coruñés de Ames, o candidato do PSdeG puxo como exemplo de progresismo os alcaldes do seu partido e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Tamén lembrou os bos resultados obtidos nas pasadas eleccións municipais.