CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero reclama máis persoal e máis medios no eido sanitario

Publicado o 29/01/2021 16:58

O secretario xeral dos socialistas galegos reclama máis persoal e máis medios no eido sanitario. Asegura Gonzalo Caballero que a situación é preocupante nos hospitais e pídelle ao Goberno galego que fortaleza a sanidade pública.

"A terceira onda da pandemia está tendo un nivel de incidencia, de positividade nos contaxios, de ocupación en camas e en Uci que ten que acender todas as alertas e poñer todos os mecanismos dende a Consellería de Sanidade para defender a saúde".

Noticias web

29/01/2021