CRTVG

Buscar

José González: "Galicia é a maior produtora de carne de coello de toda España"

Publicado o 11/03/2019 22:10

Galicia é a maior produtora de carne de coello de toda España. Anunciouno o conselleiro do Medio Rural na súa primeira visita a unha explotación cunícula, no concello ourensán de Beariz.

José González subliñou que saen anualmente dos matadoiros galegos preto de 14.000 toneladas de carne de coello, unha cuarta parte da produción total en España. Trátase dun sector moi profesionalizado en Galicia.

 

Noticias web

11/03/2019