Gómez-Reino, único candidato de Podemos á presidencia da Xunta

Antón Gómez-Reino obtivo os avais necesarios das persoas inscritas en Podemos Galicia para rexistrar a súa candidatura á presidencia da Xunta, mentres a outra persoa que se postulou, o militante ourensán Martín Bardelas, non reuniu en cambio os apoios requiridos. Nun comunicado, Podemos Galicia sinala que 85 das 93 persoas que presentaron a súa precandidatura ás primarias superaron o requisito dos avais para poder concorrer ás autonómicas ben en solitario ou en coalición.
Entre os candidatos ás primarias están os deputados na última lexislatura Luca Chao, Marcos Cal e Julia Torregrosa, ademais do ourensán David Bruzos, que foi parlamentario por En Marea na breve lexislatura de 2016. Tamén destacan na lista a asesora do Grupo Común da Esquerda e ex-edil de Marea Atlántica, Rocío Fraga, o secretario de Podemos Lugo, José Pérez Afonso, e o número dous da formación morada galega, Borja San Ramón