Gómez-Reino recoñece que leva semanas falando co BNG e co PSdeG para a conformación dun hipotético goberno tripartito
Publicado o 03/07/2020 15:05
A Televisión de Galicia está facendo unha programación especial polas eleccións que inclúe entrevistas aos candidatos.
Na súa, o candidato de Galicia en Común Anova En Mareas recoñeceu que leva semanas traballando nun horizonte común co BNG e co PSdeG.
Gómez-Reino respondía así a unha pregunta sobre a conformación dun hipotético goberno tripartito.
A entrevista completa pode consultarse en G24.gal.