CRTVG

Buscar

Gómez-Reino asume en primeira persoa o fracaso de Galicia en Común

Publicado o 13/07/2020 13:27

Con pouco máis de 51.000 votos recollidos, a coalición liderada por Gómez-Reino queda fóra do Parlamento e deixa sen representación a Podemos, Anova e Esquerda Unida. O candidato recoñeceu o fracaso nunha breve comparecencia.

Antón Gómez-Reino dixo que son "uns resultados inesperados. Malos, moi malos para o noso espazo político, que eu asumo en primeira persoa". As enquisas auguraban un retroceso, pero conservando representación parlamentaria.

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, recoñecía nun chío a derrota sen paliativos nos comicios. E chamaba a unha profunda autocrítica e a aprender dos erros cometidos. O candidato, Gómez-Reino, non entra no Parlamento do Hórreo, pero conserva a acta de deputado no Congreso.

Galicia en Común non rendibilizou a súa participación no Goberno de España, con Yolanda Díaz como ministra de Traballo.

 

Noticias web

13/07/2020