Gómez-Reino anuncia que deu positivo na proba do coronavirus

Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia en Común á presidencia da Xunta, anuncia por Twitter que está contaxiado de coronavirus.
Segundo as súas propias palabras na rede social, Gómez Reino di que tras unha corentena de 6 días acaba de dar positivo na proba do COVID-19.
Tras 6 días de cuarentena veño de dar positivo na proba do #Covid_19.
— Antón Gómez-Reino (@AntonGomezReino) March 17, 2020
Continúo traballando desde casa e pronto para seguir, como ata agora, TODAS as prescripcións sanitarias para frear a expansión do virus.
Imos superar esta crise unidas, sen deixar a ninguén atrás.
ABRO FIO
Asegura que continúa traballando desde a casa, como ata agora, e respectando todas as prescripcións sanitarias para frear a expansión do coronavirus.
Gómez-Reino tamén explica que comezou a corentena o xoves pasado tras ter estado con xente que xa está tamén diagnosticada: "Chamei ao teléfono habilitado polo Sergas e, cumprindo o protocolo, expliquei a miña sintomatoloxía, a presenza en zonas de risco e o contacto con persoas xa diagnostica".
Engade nun fío que, finalmente, o domingo á tarde foi á súa casa "persoal da nosa sanidade pública para facerme a proba".