CRTVG

Buscar

Gómez Noya despídese dos xogos co posto 25 na carreira da renovación xeracional

Publicado o 26/07/2021 00:37
Gómez Noya despídese dos xogos co posto 25 na carreira da renovación xeracional

A carreira de tríatlon demostrou a renovación xeracional dun deporte que tivo poucas probas nos dous últimos anos. A aparición de Alex Yee (prata) e Wilde (bronce), dous atletas de só 23 anos, foi o máis destacado dunha proba en que se impuxo o noruegués Blummenfeldt (27 anos), un dos líderes desa nova fornada. 

Javier Gómez Noya saíu moi atrasado na primeira transición (a 40 segundos) e tocoulle recuperar nun terceiro grupo no sector de bicicleta a carón de Mario Mola e Fernando Alarza. Ese tremendo desgaste pasoulles factura aos españois, que conseguiron chegar á altura dos mellores contra o final do segundo sector pero chegaron moi minguados de forzas á carreira a pé. 

Pronto Yee comezou a marcar un ritmo infernal, imposible de seguir para os españois. Mola rematou no décimo posto, Alarza foi duodécimo e Gómez Noya (38 anos) acabou no posto 25, a case tres minutos do gañador.