CRTVG

Buscar

Gómez Noya afronta en Tokyo a súa última gran proba en distancia olímpica

Publicado o 25/07/2021 14:50

Falar de Javier Gómez Noya é facelo dunha das grandes iconas na historia do deporte galego. O seu palmarés mete medo. Cinco veces campión do mundo, número 1 da clasificación da ITU durante nove temporadas consecutivas, prata nos xogos de 2012. Son case vinte anos na elite que terán o epílogo nunhas horas. A de Tokyo será a súa última proba na distancia olímpica.

Gómez Noya fixo unha coidadosa preparación en México para adaptarse á calor e humidade do Xapón. Afronta a proba coa dúbida de non terse medido aos seus rivais de xeito directo nos últimos tempos. Pase o que pase cando o ferrolán supere a liña de meta todos os amantes do deporte galego terán que poñerse en pé.

Noticias web

25/07/2021