CRTVG

Buscar

Golpe ao narcotráfico no Campo de Xibraltar

Publicado o 14/07/2020 14:10

A Garda Civil desmantelou a coñecida como Villa Narco. Unha urbanización de luxo da Liña da Concepción onde residían os xefes das organizacións dedicadas ao tráfico de haxix no estreito.

A operación denominada Domus rematou con 63 persoas detidas acusadas de branquear máis de 35 millóns de euros procedentes do narcotráfico.

Nos máis de 60 rexistros domiciliarios efectuados os axentes incautáronse de armas, vehículos de alta gama e máis de de 550.000 euros en metálico.

Noutra operación desenvolvida a escasos 20 quilómetros, en Alxeciras, axentes da Policía Nacional e da Axencia Tributaria detiveron o armador do Rúa Mar, o barco gaditano que afundiu no estreito no mes de xaneiro co resultado de dúas persoas falecidas e outras catro desaparecidas.

O home está acusado dun presunto delito de tráfico de drogas. Os investigadores cren que era o líder dunha rede que empregaba barcos pesqueiros para introducir haxix en España.

A operación denominada Matraca comezou varios meses antes do afundimento do Rúa Mar.

Noticias web

14/07/2020