CRTVG

Buscar

Golpe ao cultivo da marihuana en Almería coa incautación de 65.000 plantas de cánnabis

Publicado o 28/03/2021 12:06

Axentes da Garda Civil desmantelaron cinco plantacións industriais de cánabo no Ejido. Hai dous detidos, os propietarios das leiras onde estaban os cultivos.
O resultado da operación policial é a incautación de 64.800 plantas de cánnabis. A localización foi posible durante unha das inspeccións que realiza a Garda Civil para o control do cultivo de cánabo industrial. Encontraron dous invernadoiros con cultivos en estado avanzado de crecemento e outros tres con plantas xa cortadas e colgadas para o seu secado.

O cultivo de cánabo está permitido cando se destina exclusivamente a fins industriais, é dicir, para a produción de fibras ou de semente. Tamén coa autorización expresa da Axencia Española do Medicamento cando é para fins científicos, médicos ou de investigación.

O xulgado decretou o ingreso en prisión para un dos detidos.

Noticias web

28/03/2021