CRTVG

Buscar

Teñen que sacrificar un golfiño varado na praia da Ladeira en Baiona

Publicado o 02/05/2021 13:27

Un golfiño riscado de 2,20 metros apareceu este domingo varado na praia de Ladeira, en Baiona. Era un macho adulto, de entre quince e vinte anos. Sobre as sete da mañá atopouno un pescador nesta praia de Baiona. Deseguida se fixeron cargo del os biólogos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños.

Despois de dous intentos de volvelo ao mar, finalmente houbo que sacrificalo para evitarlle un sufrimento maior.

No que vai de ano levan varado nas costas galegas uns 150 animais.