CRTVG

Buscar

Derrota clara do Lugo contra o Coruxo no Trofeo Vila de Foz (3-0)

Publicado o 05/08/2021 11:22

A actualidade do Lugo, ademais da fichaxe do boliviano Jaume Cuéllar, pasa tamén polo amigable disputado onte contra o Coruxo, que se disputou en Foz.

Adiantouse o Coruxo con gol de Mateo, minuto 38. E na segunda parte, minuto 71, fermosa xogada de Martín, que fabrica el só pola banda esquerda do ataque, e pon o dous a cero no marcador. E o terceiro chega apenas uns minutos despois, anotado por Sandá.

Derrota clara dos de Rubén Albés no seu quinto amigable da pretempada.

Noticias web

05/08/2021