CRTVG

Buscar

Goleada do Celta B (5-0) que lle permite abandonar os postos de descenso

Publicado o 12/01/2020 14:36

O Celta B goleou ao Internacional de Madrid por 5-0, resultado que lle permite abandonar os postos de descenso directo. Vinte minutos de control no inicio do partido permitíronlle ao Celta B facer ocasións dabondo como para crer na victoria. A primeira de Yeboah foi un tiro cruzado que marchou fóra. A segunda de Moha rexeitouna o pao. Tras petar en Simón despista a Felipe, pero o balón seguía sen entrar. E do pao dereito ao pao traveseiro... Solís. Era o minuto 15.

Logo as réplicas ao terremoto celeste...remate de Aythami de cabeza e saque de portería...E segundo cartón amarelo para Rufo, máximo goleador do grupo, expulsión e camiño aberto para o triunfo, así, no 41 centro de Farrando tira Moha e para Felipe. E o gol. Solís encontra a Manolito, aparece Bermejo en posición de remate e gol do Celta B antes do descanso. Cuarto tanto de Sergio Bermejo esta campaña.

Nos primeiros minutos da segunda metade zapatazo de Bermejo, rexeitamento de Felipe e Solís logra o segundo para o Celta B. O terceiro chegou grazas a un envío perfecto de Solís gran control de Yeboah e cruza ante Felipe...partido pechado...pero habería máis goles. Gran triangulación celeste e Manolito Apeh ao pao... O cuarto, agora sí, de Manolito Apeh...unha cabezada marca da casa a centro de Pampín. O quinto no engadido. A primeira Dani Vega non conseguiu marcar, pero tralo rexeite de Felipe Ramos cruza Vega e completa a manciña...Alonxa a crise o Celta B cunha goleada.

Noticias web

12/01/2020