Goián e Vilanova de Cerveira máis unidos cun futuro parque transfronteirizo
Galicia e Portugal planean a construción dun gran parque transfronteirizo, que será o primeiro de Europa destas características.
Así será este parque da Amizade. Un lugar onde non existan as fronteiras e un lugar que se construirá ás beiras do Miño, onde se miran o Espazo da Fortaleza de Goián e o parque do Casteliño en Cerveira. Unha idea, a de traballar xuntos, que xa puxeron en práctica os nosos antepasados a pesar das adversidades.
A súa presentación foi aquí, neste auditorio da fortaleza de Goián. O acto contou coa presenza de autoridades estatais, autonómicas e locais de ambas as beiras do Miño, que quixeron apoiar e impulsar un proxecto que estará unido por unha ponte para peóns e bicis.
Un parque que nace coa idea de prestar o mellor servizo ás persoas independentemente do lugar onde vivan.