CRTVG

Buscar

Goberno e sindicatos alcanzan o maior acordo de pensións nunha década

Publicado o 23/06/2021 11:11
Goberno e sindicatos alcanzan o maior acordo de pensións nunha década

Goberno e sindicatos pechan o acordo sobre as pensións. Faltaba un pequeno obstáculo que finalmente conseguiron salvar. O principal escollo xiraba sobre o coñecido como factor de sostibilidade. Un mecanismo que propuña o axuste á baixa das pensións se aumentaba a esperanza de vida.

Estaba previsto que este sistema de cómputo entrara en vigor no 2023, pero tras o acordo alcanzado nas últimas horas vai ser definitivamente derrogado. O pacto é froito de días de conversas ao máximo nivel entre Goberno e sindicatos e vaise selar este próximo luns.

É o acordo máis importante acadado en materia de pensións na última década. 

 

Noticias web

23/06/2021