CRTVG

Buscar

Goberno e comunidades preparan esta semana o plan para a a volta ás clases

Publicado o 22/08/2021 21:01

O avance da vacinación da mocidade e a propia evolución da pandemia serán claves para o inicio do curso escolar. A nova ministra de Educación, Pilar Alegría, citou o mércores os conselleiros autonómicos para pechar os protocolos cos que van arrancar as clases.

Todas as comunidades coinciden na presencialidade para todas as etapas educativas, pero discrepan nalgunhas das medidas plantexadas para evitar os contaxios, como a distancia de seguridade. En base a esas pautas, a Xunta presentará en xullo ante o Consello Escolar un protocolo específico en Galicia.

A idea é que en infantil e primaria se manteñan os grupos de convivencia estable tanto na aula coma no recreo e o comedor. Para o resto, establécese unha distancia xeral de 1,2 metros. En calquera caso, será obrigatoria a máscara a partir dos 6 anos e é recomendable para os máis cativos.

Noticias web

22/08/2021