Goberno e comunidades autónomas deciden hoxe a repartición dos douscentos menores de Ceuta
Publicado o 25/05/2021 08:30

Goberno e comunidades autónomas deciden hoxe a repartición dos 200 menores non acompañados que estaban acollidos en centros de protección en Ceuta. O obxectivo é liberar o espazo nestes centros para acoller os que chegaron a semana pasada á cidade autónoma. A ministra de Dereitos Sociais Ione Belarra presidirá o Consello Territorial cos conselleiros autonómicos. Madrid e Galicia son as comunidades que máis menores acollerán, vinte cada unha.