Goberno e axentes sociais seguen negociando a prolongación dos ERTE polo coronavirus
O Goberno quería aprobar hoxe a prórroga dos ERTE, pero finalmente non chegou a acordo cos axentes sociais e danse máis tempo para seguir negociando.
Hai consenso na importancia do mecanismo como ferramenta fundamental para soster o emprego, pero, aínda así, tras case catro horas de negociación, non houbo acordo para prolongalos. O Goberno propón mantelos ata o 30 de setembro e os axentes sociais ata fin de ano. A patronal tamén rexeita que sigan prohibidos os despedimentos nas empresas que se acollan e a intención do Goberno de rebaixar as bonficacións para as cotizacións sociais.
As negociacións continúan, e por iso o Goberno decidiu agardar e non aprobar xa un real decreto sen consenso. Os ERTE coa regulación actual deixan de ter validez o día 30.