CRTVG

Buscar

Goberno e axentes sociais chegan a acordo para unha primeira reforma das pensións

Publicado o 28/05/2021 14:11

Goberno e axentes sociais chegaron a acordo nun primeiro paquete de reformas do sistema de pensións. Agora traballan na redacción técnica deses cambios. As pensións volverán revalorizarse co IPC. Tamén se prevén incentivos para quen retrase a idade de xubilación, de ata 12.000 euros por ano. Pola contra, penalizarase a xubilación anticipada.

O ministro de Seguridade Social asegura que se implantará gradualmente e non afectará os 35.000 traballadores dos ERE que están negociando grandes empresas como a banca.

Segundo José Luis Escrivá "as situacións transicionais podémolas xestionar de forma distinta, tampouco queremos que, de forma sobrevida, alguén que tiña pensada unha decisión se vexa afectado por un cambio normativo sobrevido".

Noticias web

28/05/2021