Girls Gang, unha banda de mozas de Mos que arrasa nas redes sociais
Publicado o 24/05/2021 14:35
Girls Gang é unha banda de mozas de Mos que arrasa nas redes sociais. Coñecíanse por separado e o confinamento xuntounas virtualmente neste proxecto en que combinan as suas habilidades vogais, coreográficas, estilísticas e musicais.
Inspíranse en artistas e bandas pop para os seus videocovers, que arrasan nas redes sociais. Algún xa supera o millón de visualizacións. E agora preparan os alto aos escenarios.
Entre outros proxectos, xa teñen pechada unha actuación en setembro, coincidindo coa chegada da Volta a Mos, que será, ademais, unha oportunidade de darse a coñecer ao gran público.