CRTVG

Buscar

Gerardo Cuerva: "En marzo hai demasiadas empresas que desapareceron dos rexistros"

Publicado o 17/04/2020 09:46

O impacto na economía da pandemia da COVID-19 é evidente, e as previsións para os próximos meses non adiantan nada bo.

O Goberno foi adoptando algunha medida de impacto para evitar a perda de emprego; pero as patronais tanto a CEOE como a CEPYME queren que se acompañen doutras que eviten a destrducción masiva do tecido empresarial e do emprego de xeito definitivo.

A semana pasada non asistiron a unha reunión no ministero de Traballo, no que se ía a estudar a volta ao traballo de sectores non esenciais.

Gerardo Cuerva é o presidente da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa.

"Creo que hai que desterrar esa idea de que o mundo empresarial non quere axudar aquel que peor o está pasando. Iso é falso. Os empresarios somos persoas normais que, por suposto, temos a mentalidade de axudar a todo o mundo".

"Outra cousa diferente é dicir que acordaches algo con alguén cando nin sequera falaches nada. Nese sentido, estamos moi molestos. Parece que agora o Goberno se acorda dos que teñen máis problemas. Son máis de 17.000 millóns de euros os que España destina aos máis desprotexidos. Non corramos dicir que se non é pola medida da renda mínima a xente estaría abandonada. O Goberno de España sempre tivo en conta os desfavorecidos".

"Desgraciadamente, no mes de marzo hai moitas empresas que desapareceron dos rexistros da seguridade social. Baixaron máis de 85.000 empresas, a gran maioría pemes. Iso quere dicir que as medidas que se están tomando non son suficientes. Nós pasamos de estar nunha actividade normal a ter ingresos cero, porén as nosas obrigas de pagamento estanse mantendo. Esa situación a empresa non a pode soportar".

Noticias web

17/04/2020