CRTVG

Buscar

Gerard Valentín, "pletórico" despois do seu dobrete contra o Cartaxena

Publicado o 25/05/2021 12:34

O extremo do C. D. Lugo Gerard Valentín mostrouse moi ledo despois do seu dobrete no partido diante do Cartaxena.

"Estou pletórico, había tempo que non me vía nunha destas", comentou o futbolista xironés, contento polos seus goles, pero tamén porque a vitoria dá un respiro ao equipo despois de varias xeiras negativas.

Este triunfo permitiu aos lucenses saír dos postos de descenso e depender de si mesmos para acadar a tan cobizada salvación. Valentín, foi o heroe do partido nos albivermellos cos seus dous tantos que permitiron ao Lugo acadar tres puntos vitais no Anxo Carro.

Noticias web

25/05/2021