Garzón presenta a lei para sancionar os enganos aos consumidores
Publicado o 29/09/2021 21:33
Alberto Garzón compareceu no Congreso para explicar o anteproxecto de lei de réxime sancionador en materia de consumo.
A norma permitirá ao Estado multar as empresas implicadas en fraudes masivas que afecten varios países. Tamén perseguirá a revenda de entradas mediante programas informáticos, a publicación de reseñas falsas en Internet ou a manipulación de valoracions de bens e servizos en páxinas web a cambio de diñeiro. As sancións poderán chegar ata o millón de euros ou 8 veces o beneficio conseguido.