Policías e gardas civís pídenlle ao ministro do Interior unha investigación sobre a seguridade de Podemos
Publicado o 04/05/2021 13:54
Policías e gardas civís esíxenlle ao ministro do Interior que audite a seguridade privada de Podemos por entender que a protección a Pablo Iglesias vulnera a lexislación. Cren que Marlaska debe ordenar a apertura urxente dun expediente informativo ante a sospeita de que as persoas contratadas para a protección estean en realidade realizando labores de vixilancia doutras formacións.
Lembran que a policía detivo dous escoltas contratados por Podemos nos incidentes violentos que tiveron lugar no mitin de Vox en Vallecas.