CRTVG

Buscar

Investigan quen prendeu lume a 21 colectores de lixo en Vilanova de Arousa

Publicado o 26/05/2021 13:16

Garda Civil e Policía Local de Vilanova de Arousa investigan quen prendeu lume a 21 colectores de lixo esta noite nun percorrido que pasou por dúas parroquias do rural. Os bombeiros traballaron tres horas para apagar as lapas. O Concello pide a colaboración cidadá para identificar o autor ou autores. 

O itinerario da persoa ou persoas incendiarias comezou despois da media noite. Os bombeiros traballaron horas para apagar os colectores que se ían queimando. Nalgúns casos a proximidade ás casas foi preocupación para os seus moradores.

Un deciño di que baixou e estaba ardendo todo. Chamou ao fillo e colleron unha mangueira e comezaron a apagar. Despois chegaron os bombeiros e apagárono e listo.

David Padín, sarxento xefe do Parque de Bombeiros do Salnés: "Saíu unha dotación de Vilagarcía e foron encontrando un regueiro de colectores ardendo que ían seguindo un itinerario, pegados a beira da estrada durante tres ou catro quilómetros".

O lume rematou cando dúas patrullas da Garda Civil chegaron ao lugar. O Concello xa comezou está mañá a retirar os colectores queimados e piden aos veciños que colaboren achegando probas das cámaras de vixilancia ou material gráfico de calquera tipo que poida dar pistas sobre o sucedido. Non se descarta ningunha hipótese, entre as que están posibles problemas laborais, xa que recentemente Vilanova cambiou a contratación da empresa de recollida do lixo.

 

Noticias web

26/05/2021