García Costas deixa a presidencia de Barreras, que ultima o seu traspaso á norteamericana The Ritz Carlton
O estaleiro vigués Barreras encara un cambio na súa propiedade. A direccións ultima o seu traspaso á compañía norteamericana The Ritz Carlton. As negociacións están abertas, para decidir tamén como quedará repartido o accionariado, que agora mesmo ten como socio principal a mexicana Pemex.
A operación implica a marcha de José García Costas, que deixa a presidencia de Barreras despois de seis anos á fronte. Comunicáronlle a destitución na última xunta xeral de accionistas, que se celebrou este pasado xoves. Canda el cesan tamén o director xeral e o director financeiro do estaleiro.
Na actualidade Barreras conta cunha carteira de pedidos de máis de 900 millóns de euros, pero cun capital limitado e serios problemas de tesourería. Os novos responsables queren facerse cargo do estaleiro a próxima semana.