CRTVG

Buscar

Gandeiros e cazadores, contra a prohibición de cazar lobos, que loan os ecoloxistas

Publicado o 05/02/2021 14:01

Xosé ten preto de 90 cabezas de gando. Durante o pasado ano sufriu dous ataques do lobo, que lle provocaron importantes danos económicos. Este gandeiro de Lugo non entende que agora o Goberno central pretenda prohibir a caza deste animal.

Os cazadores galegos din que é un erro prohibilo en toda España.

Os últimos datos falan de máis de 700 lobos en Galicia, que causan máis de 2.300 danos cada ano no rural galego. Malia todo, os cazadores lembran que só se fan batidas puntuais en zonas con moitos ataques. Unha sobreproteción que mesmo lles dificulta, din, cazar xabarís.

A outra cara da moeda son os colectivos ecoloxistas. Algúns, como Adega, xa amosaron publicamente a súa satisfacción pola prohibición da caza de lobos, como viñan reclamando desde hai anos.

 

Noticias web

05/02/2021