Gandeiros de Allariz e Maceda denuncian os continuos ataque do lobo
Publicado o 21/09/2021 14:48
O dono dunha explotación de cabras perdeu nas últimas dúas semanas máis dunha ducia de animais e outros 6 quedaron feridos. Os ataques, din os gandeiros de Allariz, foron a máis.
Javier ten unha explotación de gando vacún en extensivo de máis de 200 cabeza de gando en Maceda. Este ano leva xa 8 ataques do lobos, pero o ano pasado subiron da vintena.
Unhas perdas económicas que din dificultan a continuidade de moitas explotacións, por iso non entenden que se prohiba a caza, permitida ata o de agora nas rexións ao norte do Douro, que concentran o 95 % da poboación do lobo.
A Xunta vai recorrer a decisión do Goberno de prohibir a caza do lobo en Galicia, onde din hai máis de 90 mandas.