CRTVG

Buscar

Gandeiros da Fonsagrada abren carnicería propia para evitar intermediarios

Publicado o 16/12/2020 19:58

As súas gandeirías teñen unhas 250 vacas. Nestes pastos da Fonsagrada crían desde hai anos o gando. Pero agora o proxecto de dous gandeiros fonsagradinos deu un paso máis coa posta en marcha dunha carnecería na que comezaron a vender a súa propia carne, sen intermediarios.

Por agora comercializan o 30 por cento do que producen, pero o obxectivo é seguir medrando. Para elo poden ser vitais as redes sociasi. Comezaron no facebook a enviar lotes de carne a diversos puntos de España, algo que tamén queren potenciar cunha web propia.

Tamén comercializan, sobre todo para restaurantes, carne de ternera Angus, procedente de reses que crían noutra explotación familiar. Teñen claro que, nestes tempos de pandemia, apostar por controlar todo o proceso e vender unha carne de calidade polas súas propias canles pode ser a clave de éxito.

Noticias web

16/12/2020