CRTVG

Buscar

Os gandeiros mobilizaranse contra a protección do lobo e o Goberno di que os escoitará

Publicado o 22/09/2021 14:52

Os gandeiros galegos levan tempo denunciando os estragos que sofren polo lobo. Lonxe de axudar as organizacións agrarias consideran un ataque a decisión do Goberno central de incluír o lobo na listaxe de especies protexidas.

Ante esta situación, as organizacións agrarias galegas anuncian mobilizacións. En resposta ás queixas, o delegado do goberno en Galicia asegura que o Executivo tomará medidas.

A Xunta pagou no último ano case 650.000 euros en indemnizacións por ataques de lobos. Denunciáronse 1.300 casos con case 2.400 animais mortos, pero as organizacións agrarias din que puideron ser máis, xa que moitos gandeiros non reclaman.

Noticias web

22/09/2021