CRTVG

Buscar

Gañar é a única opción para que o Rácing logre o obxectivo da Primeira Federación

Publicado o 06/05/2021 17:22

Máxima concentración. Desta volta é certo: o Marino de Luanco - Racing é unha final. Porque gañar é a única opción para acariñar o obxectivo da Primeira Federación.

De entrada, Álex López non quere saber nada do que pase entre o Numancia e o Deportivo. Cristóbal fala cuns e con outros e perfila os detalles. En Luanco nada pode quedar ao chou.