Galmask, a primeira fabricante de máscaras FPP3 en Galicia
Publicado o 07/10/2020 17:30
Galmask é a primeira fábrica de máscaras FPP3 de Galicia comercializará en cuestión de días os novos equipos de protección individual baixo a categoría FPP3, as máscaras con máis protección do mercado.
Un proceso automatizado, que permite fabricar un millón e medio de EPI mensuais, e co que aspiran a contribuír ao abastecemento de máscaras homologadas producidas no país.
Cun investimento de 600.000 euros, esperan crear 30 postos de traballo directos.
Actualmente as máscaras, que se comercializarán baixo a marca Galmask, están na última fase de homologación, á espera de recibir o certificado da Unión Europea. En dúas semanas agardan empezar a súa comercialización.