CRTVG

Buscar

Galletas e flan de nata para agasallar aos Reis Magos

Publicado o 05/01/2019 21:28

Unhas cantas galletas e flan de nata son os doces que terán os Reis Magos ao chegaren esta noite ás casas destes rapaces. Neste obradoiro da Fundación Abanca nenos e nenas remexen, mesturan e amasan, para que as súas maxestades teñan un premio ben merecido, antes de pousar os regalos ou o carbón.

Vanesa Sende Cardoso, educadora na Fundación Abanca: "Como é unha noite especial, no día de hoxe, o que imos preparar son uns doces, unhas galletas neste caso, para deixarlle pola noite aos Reis Magos para que repoñan forzas. Unhas poucas para os Reis e outras poucas para os rapaces, claro". E logo imos facer unha leite a culleradas, como lle dixen eu, que non é outra cousa que un flan de nata soamente, que queda moi branquiña, en realidade parece leite, pero necesitamos unha culler, para poder comela. Podedes ver por aí detrás, lévano moi ben, isto de meter as mans na masa gústalles".

Unha mañá entretida, na que os rapaces riron e divertíronse moito batendo nos ingredientes. 

Falan os nenos: "Creo que van ter fame ao vir de Oriente, repartindo os regalos... O máis difícil é separar as claras e as xemas dos ovos, pero mesturamos todos os ingredientes coa batedora!..."

"Un pouco de manteiga, ovos, carabuñas de chocolate e algunha especia. E despois hai que collela e darlle forma de galleta".

Agora toca esperar, a ver se os Reis Magos veñen comer as galletas e deixar os agasallos.

Noticias web

05/01/2019