CRTVG

Buscar

Gallego Jorreto, premio de arquitectura á traxectoria profesional

Publicado o 05/05/2021 14:56

A Cidade da Cultura acolleu hoxe a entreda dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020, que entrega a Xunta. O premio especial á sostibilidade foi para Leonardo Llamas, o de arquitectura para os autores dunha escola infantil de Mos, e os de rehabilitación para a reconstrución dunha vivenda incendiada en Carballeda de Avia, a dunha vivenda en Vigo e un terceiro pola dunha adega en Cenlle. 

O máis aplaudido foi o galardón á traxectoria profesional para Manuel Gallego Jorreto. Non puido recollelo persoalmente por motivos de saúde, pero enviou unha mensaxe en vídeo defendendo a arquitectura como un xeito de facer a vida mellor.