Galicia vive un outono con temperaturas propias do verán
En Galicia parece que volveu o verán. En pleno outono a de hoxe foi unha xornada solleira e as temperaturas seguirán subindo nos próximos días.
O chamado verán de San Miguel chegou uns días máis tarde, pero fíxoo con forza. Dende mañá en moitos puntos de Galicia superaranse os 26 graos. Temperaturas propias do verán que ademais chegan para quedar durante varias xornadas.
Hoxe en Vigo, por exemplo, chegaron aos 25 graos nunha tarde solleira, de praia que se converteu nunha noite agradable con moita xente aínda desfrutando desta temperatura nas terrazas.
Paseos a carón do mar, merendas xeadas, xogos na area e baños refrescantes. Aínda que provoquen certas confusións, estas temperaturas máis propias do verán agradécense.
Porén, non só as Rías Baixas rexistran estas temperaturas. Mañá en Ourense chegarán aos 28 nun outono con sabor a verán que fará máis curto o inverno
Nos próximos días secará sen problema a roupa porque este anticiclón, de momento, queda con nós.