CRTVG

Buscar

Galicia vacinará durante a fin de semana 90.000 persoas máis

Publicado o 08/05/2021 14:06

En Pontevedra, este sábado igual que nos outros puntos de vacinación están a administrarse as últimas remesas que chegaron de Pfizer. É a farmacéutica que entregou máis doses e en Galicia xa se puxeron máis dun millón deste laboratorio.

Os citados para este sábado son, na súa grande maioría, persoas de entre 66 e 69 anos que reciben a súa primeira dose.

O Sergas calcula que, coas 90.000 vacinas que se van poñer esta fin de semana, case un millón de galegos xa terán posta cando menos unha dose da vacina.