Galicia terá unha comisión para autorizar a eutanasia en caso de conflito
Publicado o 24/06/2021 23:35
Este vernes entra en vigor a lei da eutanasia, e Galicia xa ten preparado o protocolo para aplicar esa norma na nosa comunidade autónoma.
O presidente da Xunta explicou que a eutanasia poderá solicitarse dende este venres e que no caso de que haxa conflito intervirá unha comisión de garantías que estará lista nas próximas semanas.