CRTVG

Buscar

Galicia ten moitas opcións de medalla na vela con Támara Echegoyen, Nico Rodríguez e Iago López

Publicado o 20/07/2021 13:32

Galicia ten moitas posibilidades de medalla na vela. Nico Rodríguez. Debuta nuns Xogos pero o seu barco, clase 470 con Jordi Xammar, é o número un do ránking mundial.

Certo que lles falta aínda unha gran vitoria, pois logrou nos 3 últimos mundiais, unha prata e dous bronces; e nos últimos tres europeos, dúas pratas e un bronce. Falta un ouro.

Quen si ten un ouro olímpico é Támara Echegoyen. Campioa do mundo no 2020. 37 anos. Son os seus terceiros Xogos.

Está ante o seu último desafío olímpico, agora con Paula Barceló como compañeira.

Cara o podio tamén apunta Iago López. Subcampión do mundo no 2020, dobre campión de Europa. Quere, ao carón de Diego Botín, rematar coa tiranía da parella neocelandesa Burling-Tuke.

Iago, Támara e Nico, son tres dos galegos que buscan o podio olímpico
 

Noticias web

20/07/2021