CRTVG

Buscar

Os olímpicos galegos tamén teñen opcións de medalla en deportes colectivos como o balonmán, o fútbol ou o baloncesto

Publicado o 21/07/2021 18:38

Xunto con Rodrigo Corrales, haberá outro porteiro de Cangas nos Xogos, Iván Villar. 24 anos. Será, nun principio, o terceiro gardameta dunha selección de fútbol que aspira ao podio.

Calquera cousa é posible co balonmán feminino. Alicia Fernández debuta nos Xogos con 28 anos. España é a actual subcampioa do mundo.

Hai incertezas sobre a selección feminina de baloncesto. Foron sétimas no último Europeo. Certo que agora recuperan a Alba Torréns. Esa selección terá a experiencia dos 32 anos de Tamara Abalde e a xuventude dos 19 anos de Raquel Carrera.

Serán os segundos Xogos de Tamara; os primeiros para o seu irmán, Alberto Abalde, nun equipo cos Gasol, Rubio, Llul e Rudi que aspira ao podio

Noticias web

21/07/2021