CRTVG

Buscar

Galicia supera o pico da segunda vaga cunha repunta nos ingresos en planta

Publicado o 19/07/2021 10:05

• Detéctanse 975 tras catro días por riba do milleiro de positivos

• As hospitalizacións alcanzan as 140, con 19 pacientes máis en planta

Galicia supera o pico da segunda vaga cunha repunta nos ingresos en planta

Galicia segue sen ver o cumio da quinta vaga. Continúa a tendencia ascendente da curva, con 11.086 casos activos, 723 máis ca onte, segundo os últimos datos do Sergas. Súperase así o pico da segunda vaga (5 de novembro, con 10.322 casos). Detectáronse 975 novos positivos no último día, 963 a través de probas PCR.

Poa áreas sanitarias, a repartición dos casos activos é a seguinte:

Vigo: 2.490  (+171)

Ourense: 2.014 (+66)

A Coruña: 1.898 (+168)

Pontevedra: 1.879 (+82)

Santiago: 1.357 (+106)

Lugo: 1.023 (+87)

Ferrol: 425 (+43)

Presión asistencial

No que respecta á situación nos hospitais, sobe considerablemente o número de pacientes que precisan ingreso en planta. Hai en total 140 pacientes: 119 en planta (+19) e 21 nas UCI (-1). Non se alcanzara unha cifra de persoas ingresadas pola covid−19 así dende o 25 de maio.

A positividade, por riba do 15 %

Outro dato que segue á alza é a taxa de positividade. Das 5.883 probas PCR realizadas (-1.684 respecto a onte), 963 deron positivo, o cal representa un 16,37 % do total. É máis do triplo do recomendado poa OMS (5 %) para dar por controlada a pandemia.

 

Mapas de incidencia por concellos