CRTVG

Buscar

Galicia supera as 500.000 persoas inmunizadas coa pauta completa

Publicado o 12/05/2021 14:21

Medio millón de galegos xa teñen a pauta completa de vacinación. A cifra conseguiuse hoxe. Teresa Cuíñas. Asegurouno o presidente da Xunta nunha conferencia de prensa en que tamén avanzou que o ritmo de inmunización baixará porque Galicia pasará a recibir menos doses dado que tamén é menor a poboación dos seguintes colectivos que son obxectivo. Deste xeito, concretou que esta semana se administraron 180.000 doses, fronte ás 266.000 da semana pasada. Entre elas, 65.000 primeiras doses para o grupo de 50 a 59 anos e a segunda para 50.000 persoas de idades superiores.

O presidente tamén informou de que o Sergas vacinará de maneira inmediata os mariñeiros da frota de altura, aqueles que pasan longas temporadas no mar. Para facilitar a vacinación, este colectivo recibirá Janssen, a única fórmula dunha soa dose autorizada nestes momentos.

 

 

Noticias web

12/05/2021