Galicia sumouse ao apagamento global pola natureza e contra o cambio climático
Publicado o 27/03/2021 23:39
Dende as 20:30, sesenta minutos para concienciar a sociedade da necesidade de tomar medidas fronte ao cambio climático e as emisións contaminantes. Unha acción simbólica, unha acción global, un apagamento, ao que se unen miles de monumentos de todo o mundo, coma esta catedral de Santiago.
Decenas de concellos, empresas e organizacións sumáronse a esta iniciativa contra o cambio climático e pola protección da natureza.