CRTVG

Buscar

Galicia súmase este domingo á vacinación dos menores de 50 anos

Publicado o 06/06/2021 12:12

• Galicia supera os dous millóns de vacinas postas contra a covid | O Sergas cita en Santiago 3.400 persoas de entre 40 e 49 anos

• Case o 70 % dos españois de 50 a 59 anos xa teñen unha dose posta

Galicia súmase este domingo á vacinación dos menores de 50 anos

O Sergas comeza este domingo coa campaña de vacinación entre as persoas de 40 a 49 anos nos distintos centros habilitados para ese fin, mentres que Navarra comezará o luns 7 de xuño coas de 51, 50 e 49 anos.

O 32,6 % dos galegos xa teñen a pauta completa das vacinas e máis do 50 % recibiron polo menos unha dose.

No País Vasco as persoas de 49 anos recibirán a vacina a semana próxima se chegan as doses previstas e desa idade cara abaixo de xeito ordenado. A campaña de inmunización entre os españois de 50 a 59 anos avanzou substancialmente nos últimos días, pois xa teñen unha dose case o 70 %.

En pleno proceso de inmunización deste grupo xa están outras comunidades como Canarias, Murcia, Asturias, A Rioxa, Cantabria, Castela-A Mancha, Aragón, Baleares e as cidades de Ceuta e Melilla, que xa iniciaron a campaña o 19 de maio neste grupo.

Cataluña, Valencia e Madrid teñen previsto comezar con esta franxa de idade a mediados de mes. Castela e León aínda non puxo data para poñer a vacina este grupo de idade, quere rematar primeiro cos grupos de maior idade.

Outras comunidades como Canarias xa inmunizan a poboación desta franxa desde o mes pasado e mesmo en illas con menos poboación como Lanzarote ou El Hierro a vacinación xa vai polas persoas de 38 anos.

Avanzan xa o obxectivo de administrarlle a vacina aos menores de 40 en xullo.