CRTVG

Buscar

Galicia sofre un novo temporal costeiro con ondas de ata 7 metros de altura

Publicado o 14/12/2020 15:11

O mar volve golpear con forza toda a costa galega. "Xa houbo varios avisos. Pero como pagan a bo prezo, vamos igual... desafiando o temporal", di un mariñeiro de Malpica.

Boa parte da frota quedou amarrada. As ondas de entre 5 e 7 metros de altura por mar combinado dificultan, e mesmo impiden, o traballo dos mariñeiros e mariscadores.

Os percebeiros estrearon esta mañá as pedras da zona da Percebellosa, a segunda mellor despois do Roncudo, en Corme. Dos 25 que foron á marea, 20 deron volta.

"Hoxe hai ondas de seis metros e medio, sete... Hoxe está complicado e o mar non está por axudarnos", explica Roberto Vidal, o patrón maior da confraría de Corme.

Reservan para finais desta semana a zona do Roncudo. "Se abrísemos xa o Roncudo, o que collésemos estes días xa non o iamos ter despois. Eu creo que vai ser un bo Nadal, a 240 ou 250 euros creo que poderán ir polo Nadal", asegura Vidal.









 

Noticias web

14/12/2020