CRTVG

Buscar

Aumenta a presión nas UCI en Galicia malia o descenso de hospitalizados

Publicado o 17/04/2021 21:07

• Hai cinco ingresos máis en UCI nas últimas 24 horas

• Galicia supera os 190 contaxios diarios por terceira xornada

• Os casos activos seguen á alza, con 2.590 persoas co virus

 

 

 

Galicia sitúase nos 2.590 casos activos tras sumar 67 máis. Soben en todas as áreas sanitarias agás en Santiago. Ademais, nas últimas horas rexistráronse 194 novos positivos. Con todo, son menos ca os da xornada anterior, que superaban os 200.

No tocante aos hospitais aumenta a presión das UCI, con 5 ingresos máis, pola contra diminúen en 17 os hospitalizados en planta.

Mentres tanto, a cifra total de falecidos mantense en 2.371, tras tres xornadas consecutivas sen se notificaren mortes pola covid en Galicia.

A situación por áreas sanitarias

A Coruña: 628 (+20)

Vigo: 655 (+13)

Ourense: 224 (+7)

Santiago: 376 (-3)

Lugo: 189 (+16)

Pontevedra: 417 (+10)

Ferrol: 101 (+4)