CRTVG

Buscar

Galicia será das comunidades que máis medren este ano, segundo o BBVA

Publicado o 23/08/2021 14:53
Galicia será das comunidades que máis medren este ano, segundo o BBVA

Galicia será unha das comunidades que máis medre este ano, segundo un informe do BBVA, impulsada, sobre todo, polo consumo doméstico, o aumento de gasto dos fogares.

A previsión é un crecemento dun 6,8 %, só por detrás das Baleares e as Canarias. E por riba da media española, que estaría nun 6,5 %. A comunidade cun menor avance sería a Rioxa, e, aínda así, medrará por riba dun 5 %.

Noticias web

23/08/2021